Operation Manual

55
g a l e g o
Este aparato, destinado a un uso exclusivamente doméstico, foi concibido para lavado de louzas.
Moi importante: Lea integramente este manual antes de instalar e utiliza-lo lavalouzas. A
documentación e accesorios encontraraos no interior.
Este manual está deseñado de forma que os textos estean relacionados co debuxo correspondente.
Manual de instrucións
Identifique o modelo do seu lavalouzas (“a”,
“b”, “c”, “d”, “e” ou “f”) comparando o panel de
mandos coas ilustracións.
1.1 Conexión á rede de auga (1.1.1)
A mangueira debe pasar entre a parede e
o lavalouzas pola parte inferior deste
(1.1.2), asegurándose de que os tubos
non se estrangulen ou queden
excesivamente tirantes (1.1.3).
A presión da auga á rede deberá estar
entre 0,05 e 1 MPa (0,5 a 10 kg/cm2).
Se o seu lavalouzas admite toma de auga
quente, pode conecta-lo tubo á billa de
auga quente. Neste caso, a temperatura
máxima non debe supera-los 60 ºC.
1.2 Desaugue. Instale o cóbado
subministrado e respecte as cotas do
debuxo.
1.3 Conexión á rede eléctrica. Teña en
conta os datos da placa de características
(1.3) e non a despegue nunca.
No caso de encaixe, a caravilla de toma
de corrente deberá ser accesible despois
da instalación.
1.4 Nivele correctamente o lavalouzas para
evitar problemas funcionais (1.4.1).
Se vai a coloca-lo aparato baixo
encimeira, pode facelo con ou sen tapa.
Se, por necesidade de encaixe, precisa
retira-la tapa (1.4.2 – 1.4.3), siga as fases
indicadas nos debuxos (1-2-3). Debido á
facilidade de extracción da tapa sen
necesidade de utilizar ningunha
ferramenta especial, pódese considerar
coma unha máquina de integración. Nese
caso, teña en conta as dimensións do
debuxo (1.4.4).
0
Identificación
1
Instalación
Os aparatos integrables permiten
nivela-las patas traseiras desde a parte
frontal. Para iso, antes de introducilo no
oco, aproxímeo e eléveo xirando a pata
traseira (1.4.5) ata deixar un espazo
duns 3 mm coa encimeira.
Introduza o lavalouzas e asegúrese de
que os tubos e o cable non queden
atrapados tralo zócolo. Axústeo á
encimeira ata que a parte superior do
aparato tome contacto lixeiramente con
ela (1.4.6).
Para integralo nunha ringleira de
mobles con zócolo único, desaparafuse
o zócolo do lavalouzas e retíreo (1.4.7).
Solte os soportes das patas (1.4.8).
Enrosque as patas regulables no
lavalouzas (1.4.9-1.4.10). Encaixe o
zócolo da cociña e, se ó abri-la porta,
interfire con el, sérreo ata permitir un xiro
correcto da porta.
Se necesita fixar unha madeira frontal,
siga as instrucións que acompañan á
documentación da máquina.
2.1 Acenda o lavalouzas premendo .
2.2 Selección de idioma. Algúns lavalouzas
de tipo A, teñen pantalla de texto. Para
selecciona-lo idioma, prema durante
máis de 3 segundos a tecla duo-zone
(2.2.1).
Premendo repetidas veces a mesma
tecla, chegará o idioma desexado.
Valide premendo (2.2.2).
2.3 Dureza. A auga conten cal e a súa
dureza aumenta proporcionalmente á
cantidade da mesma.
Antes de usa-lo lavalouzas, debe
coñece-lo grao de dureza da auga
consultando á compañía de augas,
consultando ó servizo de asistencia
técnica ou utilizando a tira “Aquadur”
incluída na bolsa de accesorios.
2
Axustes iniciais