Information

GAL
Garantía limitada para Produtos
1. Cobertura da Garantía Limitada
1.1 Esta garantía limitada (ver “Exclusións” e “Limitacións” na Sección 2) (“Garantía Limitada”) concédelle dereitos e accións contra Acer de carácter específico. Rogámoslle que
lea este documento coidadosamente, xa que mediante a realización dunha reclamación de conformidade co previsto nesta Garantía Limitada, vostede confirma ter entendido e
aceptado os seus termos. De xeito independente a esta Garantía Limitada, pode ter dereitos e accións diferentes e máis extensos contra o comerciante que lle vendeu o produto
Acer. Esta Garantía Limitada non opera para limitar tales dereitos. Así mesmo, esta Garantía Limitada non afecta aos dereitos que lle concede o dereito imperativo da lexislación
española aplicable.
O consumidor ten dereitos legais segundo a lexislación aplicable que regula a venda de bens de consumo e esta garantía non exclúe, limita nin suspende ningún dos devanditos
dereitos. Por exemplo, os consumidores teñen un mínimo de 24 meses de garantía desde a data de compra do produto - independentemente do establecido en calqueratarxeta
de garantía ou noutrosmateriais.
1.2 Acer garante que calquera produto Acer, incluídas pezas e compoñentes (opcionais e accesorios) xenuínos Acer que teñen sido instalados no seu produto Acer no momento
da compra (en diante, colectivamente, serán designados como “Sistema”), vendido por primeira vez a un usuario final nun país da Área Económica Europea (o “Ámbito
Territorial”) está exento de defectos en materiais ou traballo en condicións normais de uso durante a duración do período de garantía especificado na tarxeta da Garantía
Limitada fornecida co seu Sistema (“Tarxeta de Garantía”).
É responsabilidade do cliente rexeitar un produto Acer vendido como novo pero que presente os precintos de garantía manipulados e debe informar disto ao revendedor. Ao
admitir un produto Acer cos selos de garantía manipulados, o Cliente acepta unha garantía distinta (inferior) respecto aos termos e condicións estándar dun produto Acer novo e
cos precintos de garantía intactos.
1.3 Se se realizar unha reclamación con base nesta Garantía, Acer, á súa opción, reparará ou substituirá calquera Sistema defectuoso ou calquera das súas pezas cubertas por
parte desta Garantía Limitada mediante a utilización, á elección de Acer, de pezas ou Sistemas novos ou reformados en fábrica. No caso de que Acer opte por empregar pezas
ou Sistemas novos ou reformados en fábrica, estes terán características de funcionamento iguais a aqueles correspondentes a produtos novos. Todos os Sistemas e pezas
cambiados ou substituídos de conformidade co previsto nesta Garantía Limitada serán propiedade de Acer.
1.4 O período de garantía comeza na data de entrega. O orixinal da súa factura de compra (recibo de compra), no que apareza a data de compra do Sistema, ou a data que figure
no albará de entrega correspondente, se este fose posterior, é a súa proba da data de entrega ou compra.
1.5 A prestación do servizo de garantía basearase no idioma principal utilizado, a nivel nacional, no país da AEE no que a petición do servizo teña sido realizada. Os servizos
de garantía de reparación que se refiran a aspectos do seu Sistema baseados na lingua (por exemplo, teclado ou software) é posible que non poidan ser prestados en calquera
idioma que sexa distinto do idioma principal utilizado, a nivel nacional, no país da AEE no que a petición do servizo sexa realizada.
2. Exclusións e Limitacións
Esta Garantía Limitada está suxeita ás seguintes exclusións e limitacións:
2.1 Exclusións
A presente Garantía Limitada non se estende a:
2.1.1 Calquera produto non fabricado por ou para Acer, ou que teña sido vendido por primeira vez a un usuario final fóra do Ámbito Territorial da presente Garantía Limitada.
2.1.2 Calquera produto que teña sido danado ou estea defectuoso como consecuencia (...)
2.1.2.1 do uso do Sistema dun xeito distinto ao seu uso normal previsto, incluída, sen limitación, a falta de uso do Sistema de conformidade co Manual de Usuario que acompaña
o Sistema ou calquera outro uso do Sistema que sexa abusivo ou neglixente;
2.1.2.2 da modificación do Sistema, incluído o uso de pezas non fabricadas ou vendidas por parte de Acer;
2.1.2.3 da prestación de servizos ou a reparación realizada por parte de calquera persoa distinta de Acer ou dun Prestador de Servizos Autorizado Acer;
2.1.2.4 do transporte ou empaquetado desaxeitado cando se devolva o Sistema a Acer ou a un Prestador de Servizos Autorizado Acer;
2.1.2.5 da instalación desaxeitada de produtos de terceiros (por exemplo, tarxetas de memoria).
2.1.3 A perda de, ou o dano a, calquera programa, dato, ou medio de almacenamento extraíble. Vostede é responsable de gardar (realizando copias de seguridade ou back-up)
calquera programa, dato, ou medio de almacenamento extraíble. Por favor, teña en conta que Acer pode optar por substituír o Sistema entregado para a prestación dos servizos
de garantía cun produto reformado de igual calidade e, deste xeito, calquera dato almacenado por vostede no seu Sistema orixinal pódelle chegar a ser inaccesible de xeito
permanente.
2.1.4 Pezas consumibles, como, por exemplo, pezas que requiran ser substituídas de xeito periódico durante o curso normal do uso do Sistema, incluídas, sen limitación, as
baterías de portátil.
2.1.5 Defectos menores das pantallas LCD que ocorran en Sistemas equipados con tecnoloxía de pantalla LCD sempre que non haxa máis de tres (3) píxeles defectuosos nunha
pantalla LCD dada e, ademais, sempre que o panel da pantalla estea dividido en nove (9) áreas rectangulares iguais e non haxa máis dun píxel defectuoso na área central.
2.2 Limitación e Exención de Responsabilidade da Garantía
2.2.1 Se vostede realiza calquera reclamación de conformidade co establecido na presente Garantía Limitada, enténdese que vostede acepta que a reparación (de xeito gratuíto)
do produto Acer, a súa substitución, a rebaixa do prezo ou a resolución do contrato, segundo sexa aplicable de conformidade coa prestación de servizos de garantía descritos no
presente documento, son as súas accións fronte a Acer ou fronte a calquera das súas sociedades filiais ou sociedades matrices respecto de calquera incumprimento da Garantía
Limitada Acer establecida no presente documento.
3. Obtención do Servizo de Garantía
Para informar de calquera reclamación e/ou obter servizos de garantía, rogámoslle que revise a información de contacto establecida na súa Tarxeta de Garantía ou que visite
http://support.acer-euro.com.
Antes de enviar un produto Acer aos centros de reparación/asistencia autorizados, o Cliente deberá facer unha copia de todos os seus datos e dos programas instalados e borrar
calquera tipo de información confidencial ou reservada (de agora en diante, “Datos”).
Acer non se fará responsable da perda, dano ou divulgación de “Datos” debidos a terceiros, nin da recuperación ou restauración de tales “Datos”.
TÁBOA DE REFERENCIA DA GARANTÍA LIMITADA A 2 ANOS
PRODUTO PERÍODO E TIPO DE GARANTÍA
Ordenadores persoais / Netbook / Tablet PC 2 anos envío ou entrega
(1)
Asistencia técnica
(só Hardware)
2 anos
Asistencia sobre
O software
180 dias
(1)
Envío: O cliente envía a unidade ao taller de Acer. Rematada a reparación, Acer remite a unidade ao cliente.
Entrega: O cliente leva a unidade a un Centro de asistencia autorizado de Acer. Rematada a reparación, o
cliente recolle a unidade no mesmo lugar.
Opcións de ampliación e actualización da garantía
Se precisa máis información ou desexa solicitar algunha das opcións de actualización da garantía, visite o enderezo de Acer en Internet ou chame ao número consignado para o
seu país.