Operation Manual

galego
51
6
Medio ambiente
4
5
Solución de
problemas
Seguridade
Hai unha serie de incidencias que podes solucionar
ti mesmo.
4.1 Non funciona. Comproba se está conectado
e/ou que o mando selector de tempo non está
en 0.
4.2 Sae fume durante a cocción. Reduce a
temperatura e/ou limpa o forno (punto 3.3).
4.3 Fai ruído despois da cocción. É normal, o
ventilador segue funcionando ata reducir a
temperatura do interior e a do exterior.
Os modelos con pantalla dixital incorporan un
sistema de diagnóstico que detecta e avisa
perante calquera incidencia. Poderás vela na
pantalla:
4.4 Non funciona. Escintila
Pon o mando
selector de funcións en 0 e axusta a hora
(punto 2.3).
4.5 Non funciona. Escintila O forno estivo
funcionando durante varias horas e por razóns
de seguridade desconectouse de forma
automática. Pon o mando selector de funcións
en 0 e axusta a hora (punto 2.3).
4.6 Non funciona. Escintila
Pon o mando
selector de funcións en 0 e desbloquea o
forno (punto 2.11).
4.7 Funciona. Escintila Preme calquera tecla.
• Non manipules o forno para reparalo,
chama o servizo técnico.
O forno foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Prequenta o
forno só cando faga falla (consulta a táboa). Usa
preferentemente moldes de cor escura. Para
longos períodos de forneado desconecta o forno 5
ou 10 minutos antes do tempo previsto.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos.
O símbolo
indica que o aparato non se debe
eliminar utilizando os contedores tradicionais para
residuos domésticos.
Entrega o teu forno nun centro especial de recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas autoridades
locais ou establecemento onde adquiriches o
forno.
Cómpre que a instalación do forno a efectúe un
instalador autorizado, que seguirá as instrucións
e esquemas do fabricante.
A instalación eléctrica debe estar dimensionada
á potencia máxima indicada na placa de
características e a toma de corrente eléctrica coa
toma a terra regulamentaria.
Cómpre que o circuíto da rede que alimente o
forno teña un interruptor de corte omnipolar de,
polo menos, 3 mm de separación entre contactos.
Se o cable de alimentación está danado, debe ser
substituído polo seu servizo posvenda ou persoal
cualifi cado semellante, co fi n de evitar un perigo.
Asegúrate de que o aparello está desconectado
antes de substituír a lámpada, para evitar posibles
choques eléctricos.
Non utilizar produtos de limpeza abrasivos ou
estropallos metálicos duros para limpar a porta do
forno, xa que se pode riscar a superfi cie e provocar
a rotura en anacos do vidro.
Manter afastados do forno os nenos pequenos.
Durante o funcionamento, hai partes accesibles
que se poden quentar.
Evitar tocar os elementos calefactores dentro do
forno.
Este aparato non está destinado ó uso por parte
de persoas (incluídos nenos) coas capacidades
físicas, sensoriais ou mentais reducidas ou
que carezan de experiencia ou coñecemento,
salvo baixo supervisión ou despois de recibir
instruccións relativas ó uso do aparato dunha
persoa responsable da súa seguridade. Deberase
supervisar o uso por parte dos nenos para evitar
que xoguen co aparato.