Instruction manual

galego
69
3.3 Modelos de paredes rugosas.
Autolimpantes. ENestes fornos a placa
posterior e os paneis laterais están
recubertos cun esmalte autolimpante que
elimina a graxa mentres o forno está en
funcionamento. Os paneis laterais son
reversibles. Desta forma, duplican a duración
do revestimento.
Cando os paneis non se limpan o sufi ciente
por si mesmos, cómpre rexeralos.
Para iso, retira todos os accesorios e
recipientes do interior do forno. Limpa a
fondo as superfi cies do forno que non son
autolimpantes. Selecciona a función
.
Pon a temperatura a 250 ºC e o tempo entre
30 e 60 minutos, dependendo do grao de
sucidade.
Cando o programa de limpeza remate
e o forno arrefeza, pasa cunha esponxa
humedecida os elementos autolimpantes
que volverán ser completamente funcionais.
Fornos pirolíticos
3.4 Limpeza por pirólise.
A limpeza prodúcese por eliminación da
sucidade a altas temperaturas.
Os fumes e cheiros elimínanse ao pasaren
por un catalizador.
Non é necesario esperar a que o forno teña
moita graxa para efectuar a limpeza.
Despois da pirólise, cando o forno estea
frío, pasa un pano húmido para retirar os
restos de cinza branca.
Antes de poñer en marcha a pirólise saca
todos os accesorios do forno, incluídos os
accesorios de cociña e guías telescópicas.
Se hai desbordamentos importantes,
retíraos antes de efectuar a pirólise para
evitar que se infl amen ou se produza
demasiado fume.
Durante a pirólise, as superfi cies quéntanse
máis que durante o uso normal. Mantén
afastados os nenos.
Segundo o grao de sucidade do forno, podes
optar entre dous tipos de pirólise.
Pirólise
: Utilízaa só cando o grao de
sucidade sexa alto; a limpeza realízase en 2
horas. Para activar, xira o mando selector de
funcións
á posición (3.4.1).
Nota: Nesta opción, é factible a limpeza por
pirólise, o accesorio de bandexa esmaltada.
Colócaa no nivel 2. Previamente retira o
exceso de graxa acumulado.
Pirólise ECO
: Realiza a limpeza en 1
hora 30 minutos. Para activar, xira o mando
selector de funcións
á posición (3.4.2).
Nota: Os parámetros de tempo e
temperatura son fi xos e non poden
modifi carse.
Ao comezar o proceso, o forno alcanza
temperaturas moi altas, por seguridade a
porta bloquéase, ilumínase o piloto luminoso
xunto ao símbolo (3.4.3). Cando a
temperatura baixe, o piloto apágase e podes
abrir a porta.
3.5 Pirólise diferida. Podes programar a hora
á que remata o proceso de pirólise. Xira o
mando selector de funcións e selecciona
ou (3.5.1). Preme (3.5.2) ou
(3.5.3) ata que escintile. Axusta a hora
n de pirólise xirando o mando selector de
tempo (3.5.4, 3.5.5).
3.6 Limpeza paredes interiores. Extrae as
guías laterais para limpar os restos de graxa
ou cinza que poidan quedar tras os procesos
de limpeza. Segundo modelos as guías
laterais dispoñen de dous tipos de fi xación,
sen soporte (3.6.1, 3.6.2) ou con soporte,
(3.6.4, 3.6.5). Unha vez extraídas, utiliza un
pano húmido para limpar as paredes laterais
(3.6.3, 3.6.6). Unha vez limpas as paredes
do forno, volve colocar as guías.
Se o teu forno dispón de grella abatible, tira
cara arriba e pulsa para baixalo (3.6.7) e
limpa o teito cun pano húmido (3.6.8).
3.7 Limpeza dos cristais.
Limpeza exterior: Utiliza un trapo suave
empapado con produto limpacristais.
Limpeza interior: Se o interior dos cristais
está sucio, podes desmontalos para a súa
limpeza.
Cando o forno estea frío, abre a porta
completamente (3.7.1), e fíxaa cos topes
vermellos que se subministran na bolsiña