Instruction manual

galego
71
6
Medio ambiente
O forno foi deseñado pensando na
conservación do medio ambiente.
Respecta o medio ambiente. Prequenta o
forno só cando faga falla (consulta a táboa). Usa
preferentemente moldes de cor escura. Para
longos períodos de forneado desconecta o forno
5 ou 10 minutos antes do tempo previsto.
Xestión de residuos de aparellos eléctricos e
electrónicos.
O símbolo indica que o aparato non se debe
eliminar utilizando os contedores tradicionais para
residuos domésticos.
Entrega o teu forno nun centro especial de
recolla.
A reciclaxe de electrodomésticos evita
consecuencias negativas para a saúde, o medio
ambiente e permite aforrar enerxía e recursos.
Para máis información, contacta coas
autoridades locais ou establecemento onde
adquiriches o forno.
Manter afastados do forno os nenos pequenos.
Durante o funcionamento, hai partes accesibles
que se poden quentar.
Evitar tocar os elementos calefactores dentro
do forno.
Este aparato non está destinado ó uso por
parte de persoas (incluídos nenos) coas
capacidades físicas, sensoriais ou mentais
reducidas ou que carezan de experiencia ou
coñecemento, salvo baixo supervisión ou
despois de recibir instruccións relativas ó uso
do aparato dunha persoa responsable da súa
seguridade. Deberase supervisar o uso por
parte dos nenos para evitar que xoguen co
aparato.