Operation Manual

g a l e g o
56
3.1 Regulación do cestiño superior. Tipos
de regulación (3.1.1)
SUPER FÁCIL: suxeitando o cestiño
polas asas laterais, tire con ambas mans
de maneira simultánea cara a arriba
(tanto para subir, coma para baixar)
(3.1.2). Asegúrese de que quede
nivelado.
MODELO NORMAL: estando baleiro o
cestiño, retire os topes (3.1.3), extraia o
cestiño (3.1.4), introdúzao á altura
desexada e coloque o tope.
3.2 Introdución da louza.
Asegúrese de que a louza é apta para
lavalouzas.
Non é recomendable introducir pezas de
madeira, barro, prata, aluminio, porcelana
decorada ou plástico non resistente á
calor.
Para un correcto lavado, é imprescindible
que a louza estea colocada nos cestiños
de maneira adecuada e sen que as
pezas se toquen entre elas.
O cestiño inferior é para as pezas máis
sucias: cazolas, fontes e pratos.
Empece a carga-lo cestiño desde a parte
exterior (3.2.1). Coloque as cazolas boca
abaixo, os pratos fondos á esquerda e os
planos á dereita.
Se ten soportes abatibles, poderá
utilizalos na súa posición horizontal para
pezas grandes coma cazolas (3.2.2 –
3.2.3).
Coloque os cubertos co mango cara a
abaixo (3.2.4).
Os coitelos e outros utensilios con puntas
afiadas débense colocar no cestiño coas
súas puntas cara a abaixo ou en posición
horizontal.
O cestiño superior é para pezas
delicadas: cuncas, vasos, porcelana,
cristal e pratos de tamaño estándar
(3.2.5). Hai unha zona destinada para os
cubertos longos e uns soportes abatibles
que na súa posición vertical serven para
copas (3.2.6).
Para o programa “Express” ou a función
Carga Arriba , toda a louza debe
colocarse no cestiño superior (3.2.7).
3
Uso
Nivel de
cal (HF)
Nivel de
cal (DH)
Resultado
test
Posición
regulador
Man Elec
Dureza
0-13 HF0-13 DH
Verde
Non sal L0Branda
1 banda vermella
2 bandas vermellas
3 bandas vermellas
4 bandas vermellas
Normal
Media
Dura
Moi dura
Pos. 1
Pos. 2
Pos. 3
Pos. 4
L1
L2
L3
L4
8-21 DH
22-28 DH
29-35 DH
>35 DH
14-38 HF
39-50 HF
51-63 HF
>63 HF
HF: Dureza en graos franceses DH: Dureza en graos alemáns
Introduza a tira durante 1 segundo nun
vaso de auga. Axítea e espere 1
minuto. A tira diralle o nivel da auga
segundo a seguinte táboa:
Este sinxelo axuste do lavalouzas é
vital para un correcto funcionamento
Non o pase por alto. En caso
contrario, a súa máquina pódese
ver seriamente afectada.
Se o nivel é 0, NON utilice o sal.
No caso de ter calquera dúbida,
remítase ó servizo técnico.
Regulación manual. No lateral
interior dereito do lavalouzas leva un
regulador cunha panca laranxa coma
o da figura (2.3.1). Sitúeo no número
que corresponda segundo a táboa.
Regulación electrónica. Se o seu
regulador é igual ó da figura (2.3.2) ou
(2.3.3), a dureza regúlase desde o
panel de mandos, premendo, para iso,
a tecla Redución Tempo (2.3.4)
máis de 3 s. Ó soltala, segundo o
modelo, aparecerá na pantalla o valor
actual “L2” (2.3.5) ou mediante pilotos
(2.3.6).
Prema a mesma tecla repetidas veces
ata chegar ó valor necesario.
Valide premendo .
2.4 Limpeza previa. Debe realizar un
programa prelavado (sen deterxente,
nin louza, nin abrillantador).
Previamente, se a necesita, realice a
primeira carga de sal (2.4.1) sen
encher de todo o depósito. Compléteo
con auga (2.4.2) e remova cunha
culler. Cerre a tapa e inicie o
programa.